Friday 17 de May de 2024

Máis de medio cento de rapaces e rapazas participaron na Festa de Samaín de Oroso


Máis de medio cento de nenos e nenas participaron nunha Festa de Samaín organizada polo Concello de Oroso no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. Unha festa que incluíu obradoiros de maquillaxe fantasmagórico, un divertido fotomatón do Samaín e unha gran festa de animación á que contribuíron as familias de Oroso traendo a merenda e cabazas do Samaín, que adornan estes días o centro cultural orosán.

Esta festa de Samaín, unida ao campamento “Happy Halloween”, conformaron o programa especial organizado polo Concello de Oroso co gallo da festa do Samaín e para axudar á conciliación da vida laboral e familiar das familias do municipio durante as vacacións escolares.